Castelo de Urueña
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Castelo de Urueña | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Urueña |
Provincia | Valladolid |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 41°43′34″N 5°12′04″O / 41.726149, -5.201163 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (século XIII) |
Estilo actual | Ruínas |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Urueña é unha fortaleza de orixe medieval situada na vila de Urueña (a chamada Vila do Libro), na provincia de Valladolid.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten torre da homenaxe cadrada e cubos nas esquinas. Está bastante arruinado e serviu durante moitos anos como cemiterio. Cando se edificou foi unha fortaleza moi importante, pois formaba a liña fronteiriza entre os reinos de Castela e de León, división que levara a cabo a mediados do século XII o rei Afonso VII[Cómpre referencia].
Aquí viviron personaxes importantes da historia de España. Foi a mansión habitual de dona María de Padilla, amante de Pedro I o Cruel. Outros estiveron prisioneiros, como a princesa de Portugal dona Beatriz, quen máis tarde casou con Pero Niño, señor de Cigales (Valladolid). O conde de Urgell Xaime II, derrotado no Compromiso de Caspe e militarmente en Balaguer, foi xulgado e traído prisioneiro por don Fernando de Antequera. A lenda conta que o hóspede prisioneiro máis famoso foi o conde castelán Pedro Vélez, ao ser sorprendido en amoríos dentro do recinto cunha curmá carnal do rei Sancho III de Castela. Un romance conta a historia completa, con estrofas tan descritivas como esta:
- que o conde don Pedro Vélez
- no pazo foi achado
- con unha curmá carnal
- do rei Sancho o Desexado,
- as calzas ao xeonllo
- e o xibón desabrochado…
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Urueña |